GALIZA NO MAPA

O Reino de Galiza nun mapa italiano do século XV

O Reino de Galiza nun mapa italiano do século XV
Detalle do mapa.
Detalle do mapa.  

É un mapa da primeira metade do século XV elaborado sobre unha placa de metal que destaca pola grandiosidade do traballo do gravador. Infuído pola cartografía da época, debedora da tradición de Ptolomeo recuperada pola Escola de Viena e dos portulanos cataláns, presenta Galiza como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza.


3O mapamundi de Borgia é unha cartografía de sesenta e tres centímetros de diámetro, elaborada na primeira metade do século XV e realizada, segundo consta no propio gravado, nalgún lugar do sur de Alemaña. As dúbidas existentes sobre este traballo son moi numerosas, a comezar pola data da súa fnalización que algúns autores sitúan con anterioridade ao 1453 e outros no propio 1450.

Nesa mesma liña tampouco hai certeza plena sobre a súa orixe alemá, podéndose só certifcar a súa historia desde 1794, momento no que o cardeal, teólogo e historiador Stefano Borgia merca a peza a un anticuario portugués. A partir dese momento, a obra incorpórase ao legado deste importante coleccionista, facendo primeiro parte do museo de Velletri, punto de destino dos máis importantes investigadores europeos do momento, e desde mediados do século XIX á Biblioteca Vaticana.

A concepción cartográfca presente no traballo estará infuída ao tempo pola obra de Ptolomeo e os portulanos da escola catalá. A produción de Ptolomeo volverá ser valorada en Occidente após a tradución de parte dos seus textos ao latín en 1406, deixando pegada nalgúns dos máis importantes cartógrafos da época como Pirrus de Noha ou Andrea Bianco, onde Galiza ocupa un lugar de destaque. As pegadas dos portulanos da coroa catalá son evidentes, signifcándose pola información detallada que presentan para fxar os contornos das diferentes áreas costeiras e determinar as grandes liñas comerciais do momento. As semellanzas da carta de Borgia con outros traballos do momento non deixan dúbida ningunha, sendo evidentes as similitudes co mapa de Frei Mauro de 1459 e a carta catalá de 1459.

[Podes ler a información íntegra no número 347 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]