Un relato coral para Bernardino Graña

Un relato coral para Bernardino Graña
Bernardino Graña conversa con Xan Leira nun momento da rodaxe.
Bernardino Graña conversa con Xan Leira nun momento da rodaxe.  

Cangas acolle a estrea do documental ‘Bernardino Graña, o home que quixo vivir’. Será esta sexta feira, 26 de xullo. O filme está dirixido por Xan Leira.


O auditorio de Cangas acollerá esta sexta feira, 26 de xullo, a estrea do documental sobre Bernardino Graña (Cangas, 1932) dirixido por Xan LeiraBernardino Graña, o home que quixo vivir construíuse a partir dun encontro en Panxón do escritor e académico con amizades. Persoas próximas ás diversas actividades que protagonizou o autor ao longo da súa vida, desde as profesionais e literarias ata as políticas e sociais, tecen un relato coral en diálogo coas lembranzas e reflexións do propio homenaxeado

A gravación tivo lugar en Moaña, Cangas e Panxón e contou coa colaboración de Alexandre Ripoll, Asun Sóñora, Héitor Mera, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Millán, Rafael Lorenzo, Marta Dacosta, Camilo Camaño, Xosé Manuel Pazos, Manuel Álvarez, Cesáreo Sánchez e Helena Pérez. O filme recolle tamén testemuños dos desaparecidos Bautista Álvarez, compañeiro do grupo Brais Pinto, e Raimundo García Borobó recollidos no arquivo persoal de Xan Leira.