Relatorio de Ignacio Vilar organizado pola A.C. O Galo

Relatorio de Ignacio Vilar organizado pola A.C. O Galo
Ignacio Vilar
Ignacio Vilar  

O director de cinema Ignacio Vilar impartirá un relatorio aberto ao público esta quinta feira no espazo eno-cultural compostelán Vide Vide ás 20.30h. 


Vilar revelará as causas que o decidiron a levar a pantalla grande a novela de Eduardo Blanco Amor, as dúbidas e problemas con que se atopou para pasar un texto literario como A Esmorga a linguaxe fílmica. Tamén contará porque convertiu a ambientación “nun actor máis” deste filme no que o traballo actoral de Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde se ergue como un dos elementos chaves da fita.

Ignacio Vilar será presentado por Carlos Callón e ao remate da súa disertación haberá un coloquio co público. 

Ignacio Vilar estudou cine en Barcelona e nos seus comezos foi montador para logo orientarse cara ao xénero documental. En 1989 gaña o premio de guión 'Carlos Velo' e no 2001 o “Lobo de Cinema” ao mellor documental. Con 'Pradolongo' (2008) e 'Vilamor' (2012) entra no mundo da ficción e será 'A Esmorga' (2014) o filme que o consolide nas salas de cinema.