A revista Murguía dedica o seu último número aos exilios

A revista Murguía dedica o seu último número aos exilios
Detalle da cuberta do último número da revista 'Murguía'.
Detalle da cuberta do último número da revista 'Murguía'.  

O último número da Murguía. Revista Galega de Historia está dedicado aos exilios. Cunha imaxe de Castelao na cuberta, conta cun estudo de Justo G. Beramendi sobre a influencia don desterro na ideoloxía do rianxeiro.
 


As narrativas e debates do exilio catalán posterior á Guerra Civil, a sociabilidade e as políticas no exilio catalán do século XIX ou mesmo as causas e consecuencias dos desterros na “guerra de sucesión” ocupan outras páxinas da revista, ademais dun ensaio sobre a posibilidade de investigar de maneira comparada os nacionalismos da península Ibérica. O historiador Carles Santacana estuda as dificultades concretas do proxecto Galeusca.

A maiores, Murguía, que fai o seu número 35-36, entrevista o historiador José Antonio Durán (Requejo de Sanabria, Zamora, 1941), un dos primeiros especialistas no Castelao de antes da II República.

A revista Murguía diríxea o historiador Uxío-Breogán Diéguez. Fundouse en 2003 con periodicidade cauatrimestral e desde 2012 chega ás librarías cada seis meses.



x