Rianxo musealiza dúas xoais do seu patrimonio: un escudo baixomedieval e a Laxe dos Mouchos.

Rianxo musealiza dúas xoais do seu patrimonio: un escudo baixomedieval e a Laxe dos Mouchos.
Imaxes: @UrbanismoRianxo
Imaxes: @UrbanismoRianxo  

Patrimonio permite exhibir as pezas no Auditorio Municipal rianxeiro. Até o de agora, só se permitía exhibir pezas arqueolóxicas en museos e centros con determinadas características, como coleccións.


O Concello de Rianxo conserva nas súas dependencias municipais a laxe decorada dos Campiños (ortostato procedente dun túmulo megalítico, culturalmente pertencente ao neolítico-calcolítco) e un merlón con escudo dos Soutomaior (procedente da fortaleza de Torre/Castelo da Lúa, correspóndese cun elemento construtivo do castelo, que presenta en relevo o escudo de armas axedrezado da familia Soutomaior, vinculada á vila de Rianxo). Ambas as dúas xoias do patrimonio arqueolóxico rianxeiro van ser exhibidas no Auditorio Municial rianxeiro, após lograr o concello a autorización da Dirección xeral de Patrimonio.

patrimonio rianxo

Non é algo baladí. Como lembra Cultura Galega, Patrimonio só permitía a exhibición de pezas arqueolóxicas en museos e centros que reúnen determinadas características, como museos ou coleccións visitables. Esta decisión abre a porta á recuperación por parte de moitas entidades locais que desexan recuperar parte do seu patmimono desprazado do lugar orixinal. As pezas serán presentadas nunha conferencia o vindeiro xoves 22 ás 20.30 no Auditorio Municipal.