CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Rock para o 14 de febreiro

Rock para o 14 de febreiro

Proposta do noso crítico de rock e outras lerias para este día de san Valentín.


Aínda que o 14 de febreiro sempre será lembrado pola matanza de san Valentín, hai algunha xente que adica esta data a lembrarlle a súa persoa amada, o moito que a quere. Se es destes últimos, que tal se en vez de dicirllo con flores disllo con rock? Velaí a miña selección para que pasedes unha romántica velada a ritmo dalgunhas das mellores baladas da historia do rock.

1./ Nazareth  - Love Hurts 

En 1974,  os escoceses Nazareth gravaban esta versión do “Love Hurts” dos Everly Brothers para incluíla no  sexto álbum “Hair of the dog”. Foi a versión que mais éxito acadou internacionalmente, chegando aos primeiros postos das listas a que consagrou a esta banda. 
 

2./ Kiss – Beth

En marzo de 1976, Kiss lanzaban o seu  cuarto de disco, “Destroyer”, que incluía como penúltimo tema esta balada cantada polo batería  Peter Kriss e que foi o seu cuarto single. Beth é o tema da banda que que alcanzou os postos mais altos nas listas de vendas
 

3./ Rolling Stones - Angie    

Aos primeiros postos das listas subiu en 1973 esta balada dos Stones incluída no seu álbum “Goats head up soap”. Angie é todo un clásico que non pode faltar nunha cita romática.
 

4./Sangre Azul – El silencio de la noche

Sangre Azul é unha desas bandas que sobe como a escuma ás listas de vendas pero con curta traxectoria. Este tema pertence ao seu cuarto de derradeiro disco “El silencio de la noche”, editado en 1989. Toda unha delicia.

5./Europe – Carrie

The Final Countdown foi todo un éxito de vendas en 1986 para os suecos Europe. Carrie foi o terceiro single do disco e unha balada que entenreceu moitos corazóns ao longo do mundo. 

6./Scorpions - Still Lovin' You

Se hai unha banda de rock baladista por excelencia son os alemáns Scorpions. Still Loving You  foi o segundo single do seu álbum de 1984 “Love at first Sting”. Unha power ballad imprescindíbel.

7./Iron Maiden – Wasting Love

En 1992 Iron Maiden edita o seu disco “Fear of the dark” no que inclúe esta impresionante balada, que elixiría como terceiro single. Unha das mellores baladas do hard rock.

8./WhiteSnake -Is This Love 

En 1987, a voz de David Coverdale rexistraba esta impresionante balada incluído no disco “Whitesnake”, grazas ao cal até aos que non lles gustaba o metal coñecían este tema.

9./Angeles del Infierno – Si tú no estás aquí

666 era o disco que os guipuscuanos Angeles del Infierno editaron en 1988. A pesar de tan satánico título, incluía esta fermosa balada feita para prender os chisqueiros en todos os concertos que soaba.

10./ Led Zeppelin  - Stairway to Heaven 

A balada por excelencia e este mítico tema dos Led Zeppelin. Hai quen dixo que eran moitas cancións en unha, que era unha obra mestra ou que era a mellor canción xamais composta. Sexa como sexa dende 1971 coa aparición de “Led Zeppelin IV” que incluía este tema, nada volvería a ser igual na historia do rock

Como sempre digo nestes casos, elixín 10, pero tiña moitas máis. Desfrutade do “rock&love” e escribe a vosa banda sonora.