SURFING THE LÉREZ DO 13 AO 16 DE XUÑO

O rock & roll enche Pontevedra

O rock & roll enche Pontevedra
A edición de 2017 do festival Surfing the Lérez. Foto: Surfing the Lérez.
A edición de 2017 do festival Surfing the Lérez. Foto: Surfing the Lérez.  

A Illa das Esculturas de Pontevedra acollerá, un ano máis, o festival Surfing the Lérez. Será este sábado, 16 de xuño, cun abondoso cartel en que figuran 15 bandas de Galiza e de fóra. Mais antes, en concreto a partir da noite da cuarta feira, día 13, haberá aperitivos.
 


Na Sala Karma, Fogbound despregará a súa psicodelia con ángulos freakbeat. Canda eles estarán Esteban e Manuel, cumbia tamén psicodélica, música de baile transmoderna. Será o día 13 de xuño. A quinta feira, as oprotunidades de ver música en directo dóbranse. No El Pequeño estarán The Manueles e de novo na Karma, Matt and the Peabody Ducks.

A sexta feira 15 de xuño, véspera do día grande do Surfing the Lérez, a programación dedicada ás crianzas tomará as rúas da cidade.

O sábado, á fin, o rock nas súas máis variadas opcións tomará a Illa das Esculturas. A lista é ampla: Furious Monkey House, La Casa de los Ingleses, The Lakazans, Flip Corale, Oh! Ayatolah, The Trunks, Soulmacklein & Positive Band, Eladio y los Seres Queridas, Escuchando Elefantes, The Limboos, Ángel Stánich, Terbutalina, La Duendenete, Mad Martin Trio e Agoraphobia.



x