FESTIVAL O DOMINGO 16 DE XUÑO

Romaría ao pé do río en Touro

Romaría ao pé do río en Touro
A Banda da Balbina ao final dun concerto recente en Corme. Foto: cedida.
A Banda da Balbina ao final dun concerto recente en Corme. Foto: cedida.  

Teatro e música folk, artesanía e cantos de taberna, xantar no chan e maxia de proximidade: o Folk in Río de Touro é o máis semellante posíbel a unha romaría no século XXI. A súa edición número 12 será o domingo 16 de xuño.
 


Organiza a asociación cultural As Sobreiras do Ulla coa colaboración da Deputación da Coruña e comeza, na sesión vermú, con teatro a cargo das Nenas do Sapo Dourado. E de tarde, música e maxia.

O mago Dani García amenizará a sobremesa. E despois haberá cancións para as crianzas da man de Uxía Lambona e a Banda Molona. Dúas propostas de entre as de máis suceso no amplo mundo do folk serán o peche da xornada: Malvela, que compoñen 13 cantareiras e seis músicas, e mais A Banda da Balbina, que incorpora toda clase de ritmos bailábeis e festeiros ao seu labor.