PUBLIRREPORTAXE

Rosalía, máis viva que nunca

Rosalía, máis viva que nunca

Superheroína, figura pop, minimalista... É Rosalía de Castro reinterpretada en 2017. Todas as formas que adopta teñen unha característica en común: a modernidade. E é que a máis recoñecida autora da literatura galega está máis viva que nunca. Poderemos comprobalo no Festival Rosalía que organiza a Deputación da Coruña, xunto co Concello de Santiago, a AELG e a Fundación Rosalía, o 29 e 30 deste mes en Compostela. 


Camisolas, sacas, axendas, láminas, cadernos, bixutería, mochilas, pandeiretas, velas... até cervexa. Son ducias as formas que adoptan os produtos protagonizados por Rosalía de Castro. Unha Rosalía que chega máis moderna que nunca e á que a Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Fundación Rosalía de Castro, lle dedica unha gala os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela.

Dibujitos SON HUMANITA-4O propio cartaz oficial do festival –cunha imaxe da escritora como unha superheroína de banda deseñada– xa deixa ver o que atoparemos o 29 e o 30 en Compostela. Dúas xornadas para homenaxear unha Rosalía “moderna, reivindicativa, revolucionaria, con mensaxes contundentes e defensora dos dereitos da Galiza e das mulleres”, en palabras da vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Goretti Sanmartín.

Entradas de balde

cadernorosaliacapaAlén da autora, as protagonistas deste festival, que conmemora o centenario da inauguración do monumento da Alameda de Compostela, serán a música e a poesía. Así, o Teatro Principal acollerá unha gala o venres 29 de setembro, ás 21h, en que actuarán Abe Rábade xunto con Nastasia Zürcher; Najla Shami; Uxía Senlle con Sérgio Tannus e Santi Cribeiro e Xiana Lastra con Andrea Porto. A poesía virá da man de Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG), Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial, ambas as dúas escritoras. Para acceder á gala, que estará presentada pola poeta e actriz Lorena Conde e que será dirixida por Avelino González, a organización pon a disposición de quen quixese entradas de balde, previa retirada no Teatro Principal (até o venres, incluído, en horario de 18-21h).

No seguinte día, o sábado día 30 de setembro, terá lugar a feira de produtos coa “marca Rosalía”. Participará unha vintena de empresas que fan camisolas, bixutería, cervexa, sacas, libros ou discos coa escritora como protagonista. O mercado rosalián instalarase na Praza de Cervantes e estará aberto de 11 a 20 horas. Nas imaxes que acompañan este texto pode verse unha selección de produtos que estarán á venda. A música tamén fará acto de presenza o sábado, da man da Banda Municipal de Santiago, que inaugurará a feira, e Habelas Hainas e da compañía de Larraitz Urruzola, tamén con monicreques arredor de Rosalía.

BUSTO ROSALIANa presentación deste festival, Goretti Sanmartín puxo de manifesto a intención de “recoller a idea de Rosalía como o noso maior símbolo identitario, a nosa maior icona que, ademais de ser a escritora máis musicada e que máis influíu nas xeracións posteriores, é tamén obxecto de mercadotecnia”. Traspasa así, engadiu, xeracións e fronteiras cunha “mensaxe comprometida, contundente e enérxica”. A nacionalista apelou á necesidade de reivindicar “unha Rosalía viva e do noso tempo”.

Nese sentido, a vicepresidenta da Deputación parabenizou Xiana Iglesias, de Maos, autora da imaxe do cartaz do acto, por ter mostrado a Rosalía como “unha superheroína que ten os libros como arma, chea de cores e diversidade, que se achega ao público infantil, enérxica e feliz, alegre e transgresora” e mostrou a toalla comercializada nos anos cincuenta por unha empresa de Padrón conmemorando o monumento de Santiago que atopou na casa familiar, “un referente en moitas casas que mostran tamén a Rosalía como pioneira nese ámbito comercial”.