ETNOGRAFÍA

As Salinas do Ulló, patrimonio e paisaxe

As Salinas do Ulló, patrimonio e paisaxe
[Imaxe: Concello de Vilaboa]
[Imaxe: Concello de Vilaboa]  

Enclave con encanto que paga a pena descubrir esta época do ano, os restos das Salinas do Ulló, no Concello de Vilaboa, fannos retroceder até o século XVII, en que se atopan as súas orixes, marcadas pola extracción manual do sal, considerado o ouro branco pola súa importancia na economía. Trátase dun conxunto etnográfico e natural que paga a pena. Vés con nós?


1Os vestixios das Salinas do Ulló , situadas no fondo da ría de Vigo, no val do Ulló (Vilaboa) devólvennos ao século XVII, cando comezaron a ser explotadas polo colexio dos Xesuítas de Pontevedra. Dous séculos após a súa posta en andamento, recuperouse o contorno, que representa hoxe un enclave de incalculábel valor ecolóxico e de gran beleza paisaxística. Trátase dunha marisma formada pola unión os regos Tuimil e Villil, que desembocan na enseada de San Simón.

Situadas nunha área protexida como Zona Especial de Conservación na Rede Natura 2000 da UE e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais pola Xunta de Galiza, o espazo serve de hábitat a unha importante poboación de aves acuáticas e acubilla un bosque de ribeira en que destacan o salgueiro e mais o amieiro. “Como recurso medioambiental, patrimonial e turístico, falamos dunha zona fundamental para o Concello de Vilaboa”, sinala a concelleira de Turismo, Ornela Fernández, cuxo departamento organiza roteiros guiados que espertan a atracción de casas rurais e estabelecementos hoteleiros e de centros de ensino.

“Nun mesmo lugar, concéntranse todo tipo de recursos: medioambientais e patrimoniais. De aí que desde hai dous anos nos centremos na revalorización do lugar”, afirma a edila, quen nos explica que cada ano acometen actuacións de mellora e posta en valor da contorna. O próximo obxectivo será, revela, a erradicación de especies invasoras, nomeadamente os eucaliptos, un labor que desenvolverá o concello en colaboración coa comunidade de montes.

[Podes ler a reportaxe completa no Caderno de Verán que acompaña o Sermos Galiza 257, á venda na loxa e nos quiosques habituais]