8 DE AGOSTO EN CAMBADOS

Salvador Sobral e Abe Rábade, xuntos nos Xoves de Códax

Salvador Sobral e Abe Rábade, xuntos nos Xoves de Códax
O pianista Abe Rábade e o cantor portugués Salvador Sobral na gala aRi[t]mar da Escola de Idiomas de Compostela en 2018. Imaxe: cedida.
O pianista Abe Rábade e o cantor portugués Salvador Sobral na gala aRi[t]mar da Escola de Idiomas de Compostela en 2018. Imaxe: cedida.  
A voz talvez máis popular da música portuguesa actual e o pianista máis internacional do jazz galego subirán xuntos ao escenario das Bodegas Martín Códax en Cambados. Será esta quinta feira, 8 de novembro, ás oito e media do serán. As entradas para o concerto de Salvador Sobral e Abe Rábade están xa esgotadas.

Sobral coverteuse nunha celebridade cando, totalmente a contrafío dos estilos habituais no certame, gañou Eurovisión cunha balada de aires jazz composta pola súa irmá, tamén música, Luísa Sobral. Titulábase Amar pelos dois e foi en 2017. Desde aquel intre, pasou varias veces polos escenarios galegos e manifestou unha gran simpatía e comprensión da cultura do país.

Na actuación desta quinta feira, Abe Rábade volverá estar co portugués sobre as táboas. En 2018 acompañouno nunha intepretación da mencionada canción eurovisiva na gala aRi[t]mar da Escola de Idiomas de Compostela. E este ano Rábade integrou a Sobral no elenco de Lorca Namorado, un espectáculo musical arredor da relación do poeta andaluz coa Galiza. O concerto das Bodegas Martín Codax reuniraos de novo.

A recadación da entrada destinarase á Fundación Meniños de protección da infancia.