SEXTO CHANFAINA ENTRE O 6 E O 8 DE SETEMBRO

San Sadurniño laboratorio de cineastas

San Sadurniño laboratorio de cineastas
Detalle do cartaz do sexto Chanfaina Lab de San Sadurniño. Imaxe: Chanfaina Lab.
Detalle do cartaz do sexto Chanfaina Lab de San Sadurniño. Imaxe: Chanfaina Lab.  
O Chanfaina Lab atinxe a súa sexta edición. San Sadurniño volverá ser entre o 6 e o 8 de setembro lugar de “experimentación de creación audiovisual colectiva”. Corenta e un cineastas participarán desta volta, 58% mulleres e 42% homes. O obxectivo? “Poñer en valor o territorio do concello a través dos ollos das creadoras audivisuais galegas”.

O mecanismo é sinxelo. As directoras e directoras terán esa fin de semana para facturar un filme de entre tres e cinco minutos “con absoluta liberdade sobre o tema e o tratamento visual”. Non obstante, a organización -o Concello de San Sadurniño- menciona posibilidades: paisaxe rural, emigración, memoria histórica, devalr do tempo, diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias do municipio....

As cineastas que fan parte desta sexta edición son locais nun 70% e invitadas o resto. O 18% teñen menos de 18 anos; o 31%, entre 18 e 30; o 27%, entre 30 e 50; e o 24%, máis de 50.

E son, por orde aflabética, estes: Abel Vega,  Aldara Pagán, Ana Martínez,  Ana Moreiras, Ana Lamas, André Couce, Angela Arnosa,  Antón Rodríguez, Anxo Santomil, Bieito Beceiro, Carmen Bouza, Carmen Couce, Catalina Rodríguez, Consuelo Picos, Cruz Piñón, Eloy Arnosa, Fran Bermúdez, Fran X. Rodríguez, Graciela Galdo, Iago Lourido, Irene Beceiro, Javier Seoane, Lucia C. Pan,  Luis Avilés, Manolo Abad, María Yáñez, Mónica Cibreiro, Noelia Uceira, Noemi Caneiro, Olga López, Pablo Martínez, Roberto Bouza, Sara Alonso,  Brais Varela, Iago Varela, Brianda García, Antonio Fragua,, Geray Arnosa, Oscar Torrente e Verónica Castrillón.