Santiago Lopo gaña o Repsol con “A diagonal dos tolos”

Santiago Lopo gaña o Repsol con “A diagonal dos tolos”
Santiago Lopo
Santiago Lopo  

O escritor Santiago Lopo vén de gañar o premio Repsol de Narrativa Breve coa obra A diagonal dos tolos.  A obra será publicada por Galaxia. 


Profesor, tradutor e escritor, Santiago Lopo gaña o Repsol de Narrativa Breve con  A diagonal dos tolos, premio que suma ao García Barros por Hora Zulú e ao de Novela por Entregas de La Voz por Game Over, títulos aos que compre engadir Peaxes, publicada en 2009. 

Profesor de francés na Escola de Idiomas de Pontevedra, Santiago Lopo iniciou a súa carreira profesional como tradutor de guións para televisión e, canda Xavier Queipo, verteu para o galego dúas obras do francés Hervé Guibert. 



x