MEMORIA

Santo Amaro, o noso Père-Lachaise

Santo Amaro, o noso Père-Lachaise
[Imaxe: Jglamela] Tumba de Murguía
[Imaxe: Jglamela] Tumba de Murguía  

Non resulta esaxerado considerar o camposanto histórico da Coruña, Santo Amaro, o máis importante da Galiza dados os persoeiros que acubilla entre as sepulturas. Afondamos no interese histórico e artístico dunha necrópole construída fronte ao mar. Percorrela tamén é percorrer a historia da Galiza, pois nel fican soterrados os restos de galegas e galegos ilustres. Escribimos sobre este cemiterio no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da peza.


Máis de 26 mil metros cadrados construídos en 1812, após a prohibición dos enterramentos nas igrexas e na súa contorna, ao pé do Atlántico e coa vista posta no Faro de Mera. O cemiterio histórico da Coruña, Santo Amaro, acolleu os primeiros enterramentos no século XVIII. É un dos máis fermosos de Galiza, tanto pola situación como polas obras de arte funeraria. Tamén se considera o primeiro cemiterio civil galego. Ao arqueólogo e museólogo Felipe Senén, colaborador de Sermos Galiza, non lle resulta estraño, “A Coruña portuaria estaba aberta a todo. A Coruña dos señoritos ilustrados, de Juana de Vega, das cigarreiras revolucionarias... sempre estivo moi por diante e influíu na súa periferia”.

7O cemiterio divídese en tres partes: a relixiosa, a civil e a británica, esta última fechada e propiedade do Reino Unido, construída a partir de 1867, en terreos comprados polo cónsul Guillermo Congreve Cutliffe Brackerburry como testemuña da pegada inglesa na cidade. Até os setenta, os sepelios eran habituais, pero en 1982 chegou ao camposanto o seu derradeiro morador. Calcúlase que hai ao redor de cen persoas soterradas no cemiterio británico entre cónsules, mariños e cidadanía británica, francesa, alemá e suíza.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa]