PUBLICOUSE POLOS 25 ANOS DO SEU FALECEMENTO

Sermos Galiza publica en aberto o A FONDO sobre Carvalho Calero

Sermos Galiza publica en aberto o A FONDO sobre Carvalho Calero

O 26 de marzo de 2015 o semanario Sermos Galiza saía á rúa cun A FONDO especial sobre Ricardo Carvalho Calero con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Recuperamos o monográfico cando a Real Academia Galega vén de dedicir que o ferrolán sexa a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020.


Sin títuloCon motivo da decisión da Real Academia Galega de dedicar a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas en 2020, Sermos Galiza pon a disposición das súas lectoras e lectores o A FONDO publicado co semanario en papel o 26 de marzo de 2015, cando se facían 25 anos da morte do autor de Scórpio.

No monográfico, ademais dun resumo de parte da súa obra, recóllese un artigo de Xoán Costa, comisario da exposición "Carvalho Calero: de puño e letra", que fai un percorrido pola traxectoria vital do homenaxeado; outro de Bruno Lopes Teixeiro, membro da Fundaçom Artábria, en relación á opción ortográfica defendida por Carvalho Calero, e outro pola escritora e profesora da UDC María Pilar García Negro, que convida a ler a obra do ferrolán "sen caricaturas".

O especial complétase con pequenas entrevistas a mozas e mozos para saber que coñecían e que leron de Carvalho Calero e que representaba para elas e para eles.

O A FONDO pode descargarse nesta ligazón.