EN PONTEVEDRA O 15 DE SETEMBRO

Ses e Triángulo de Amor Bizarro no Festival do Leite

Ses e Triángulo de Amor Bizarro no Festival do Leite
María Xosé Silvar, Ses. Foto: cedida.
María Xosé Silvar, Ses. Foto: cedida.  

A terceira edición do Festival do Leite contará co máis graúdo da música galega. Na letra grande do cartaz, tres das máis exitosas propostas actuais: Ses, Triángulo de Amor Bizarro e De Vacas.
 


O evento será o sábado 15 de setembro en Pontevedra, na Illa das Esculturas. Centrado en bandas galegas, o Festival do Leite acollerá ademais dos tres cabezas de cartel outras propostas como o solu de The Limboos, a psicodelia lusófona de Bifannah, os ritmos negroides de Soul Jacket, o pop de La Casa de los Ingleses ou o noise de Disco Las Palmeras!

 

No apartado de picadiscos estará Carlangas DJ, o líder dos célebres Novedades Carminha. Haberá tamén actividades para o persoal cativo da man da música de María Fumaça e A Gramola Gominola e do debuxante e humorista Luís Davila.

 

O Festival do Leite organízao a cooperativa de produtores de leite Leite Noso -que comercializa as marcas Deleite e Muu. Para esta edición, a terdeceira -as anteriores foron en Compostela e Lugo- conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.



x