CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Snakeyes: 'Ultimate sin'

Snakeyes: 'Ultimate sin'
Snakeyes
Snakeyes  

Estamos ante un moi bo álbum de heavy metal dunha banda que, de seguir así promete dar moitas alegrías. Toda unha gran sorpresa o seu vocalista, Cosmin Aioniţă , que pon no disco o seu cruño da escola vocal dos Judas Priest. Un moi bo traballo que fará as delicias os metaleiros da vella escola.



Snakeyes, a banda formada trala escisión de Sphinx que fixeran Justi Bala, José Pineda, Carlos Delgado e  , remata de editar o seu primeiro LP “Ultimate  Sin”, no que continúan no bo rumbo que xa amosaban no EP que editarán alá por o 2013. A banda practica un heavy metal clásico con unha clara influencia dos Judas Priest, que nalgúns puntos da escoita fan dubidar a que banda pertence o traballo que se está a escoitar. Chama moito a atención o poderío vocal do seu frontman,  Cosmin Aioniţă , que é un dos grandes valores da banda. O disco está composto por 11 temas cantados en inglés acompañado de riffs poderosos e ritmos frenéticos que non dan tregua

O disco abre con  “Demon in yor mind”,  un canonazo que que fai subir a adrenalina e xa vai avisando que estamos comezando a escoitar un álbum de metal sen concesións. Un tema directo e rápido  que da paso a “Denied”,  cun ritmo pesado máis marcado dentro dun medio tempo, cun retrouso algo menos cantábel no que o baixo de Pineda parece que che vai rebentar o corazón. “Shadow Warriors” é  o tema do metal máis clásico, cun ritmo veloz e imparábel e un Cosmin rachando cordas vogais  e  cun festival de agudos, igoal que “Black and White”, que segue por ese mesmo sendeiro, acompañado duns riffs simplemente deliciosos.

En “Blood of the dammed” o protagonismo recae na batería, que é a protagonista indiscutíbibel, dun tema que sen afastarse do estilo da banda, é un tema algo máis groove con ingredientes de metal alemán. “Rise of the triad”, que segue dentro da senda do power metal alemán, é un dos puntos álxidos do disco onde a banda  aproveita para lucirse antes de chegar a “Time of Dismay”, que comeza cun riff moi Maiden e no que destaca un retrouso moi pegadizo cunhas variacións que evitan que o tema caia na monotonía.

Con “Ultimate sin”,  volve ao disco a caña máis salvaxe, ademais de conter o mellor solo que Justi interpreta en todo o disco.  “Snake Pit” volve de novo a baixar un pouco o tempo, e crea un tema machacón e repetitivo que para min é un dos temas  máis frouxos do disco. Con “Down with the devil”,  volven ao heavy máis melódico e máis máis power, lembrando moito aos Helloween da época de “Keeper of the seven keys”.  E así chegamos a “Cross is a lie”,  o tema de peche do disco baseado en cambios de ritmo e que chega a facerse pesado e insulso que ben podería ter ficado fora do álbum.

Listaxe de temas

  1. Demon in Your Mind 
  2. Denied 
  3. Shadow Warriors 
  4. Black and White 
  5. Blood of the Dammed 
  6. Rise of the Triad 
  7. Time of Dismay 
  8. Ultimate Sin 
  9. Snake Pit 
  10. Down with the Devil 
  11. Cross is a Lie 

Snake Eyes nas redes:

Web: http://www.snakeyes-metal.com/

Facebook:  www.facebook.com/snakeyesMetal

Twitter: @SnakeyesMetal