Soledad Penalta e Menchu Lamas, nominadas a faceren parte da Academia de Belas Artes de Galiza

Soledad Penalta e Menchu Lamas, nominadas a faceren parte da Academia de Belas Artes de Galiza
Aspecto da sede da academia, na Coruña.
Aspecto da sede da academia, na Coruña.  

Escultura e pintora, son candidatas a se incorporaren á institución en calidade de academicas numerarias. Neste momento, a nómina de mulleres é de apenas 3 dun total de 27 membros numerarios.


O plenario da Academia de Belas Artes de Galiza que tomará unha decisión sobre as candidaturas de Penalta e Lamas terá lugar o domingo 27 de maio. Segundo puido saber Sermos, as súas son as únicas nomeacións, o que indica que con toda seguridade adquirirán a plena condición de integrantes da institución.

ESCULTURA DE SOLEDAD PENALTA EN HOTEL VIRXE DA CERCA DE SANTIAGO DE COMPOSTELASoledad Penalta (Noia, 1943) é unha escultora especialmente coñecida polas súas pezas de ferro, embora tamén ten traballado a cerámica. Acredita un grande dominio das formas xeométricas e súa obra, alén de ser moi reputada no país, tense exposto tamén en prazas tan fortes como París ou Porto.

lamas-2Menchu Lamas (Vigo, 1954) é un dos grandes nomes da arte galega das últimas 4 décadas, desde que en 1980 co-fundou o mítico colectivo Atlántica. Hai obra súa -caracterizada por un poderoso cromatismo e un hábil dominio da iconografía pop- en contentores tan prestixiosos como o Museo de Arte Contemporánea de Madrid ou o Raíña Sofía.


 



x