DÍA DAS ARTES GALEGAS

De la Sota, arquitectura con cerna galega

De la Sota, arquitectura con cerna galega
[Imaxe: Xurxo Lobato]
[Imaxe: Xurxo Lobato]  

O presidente da Asociación Amigos dos Museos de Galicia elabora para Sermos Galiza un perfil do arquitecto pontevedrés Alexandre de La Sota, quen vén de ser homenaxeado co Día das Artes Galegas pola Academia Galega de Belas Artes.


2Entre tanta anormalidade seriada custa normalizar unha actividade con marca galega, máis aínda cando no almanaque se espallan outras chamadas globais, os “Días internacionais”. Xornadas en que se concentran os medios, e quizais afoguen outras convocatorias como a que agora fai a centenaria Academia Galega de Belas Artes, que en 2015 instituíu celebrar a xornada de cada 1 de abril como Día das Artes Galegas. Data escollida por mor de que tal día como ese do ano 1188 o Mestre Mateo coloca os linteis do Pórtico da Gloria. Non podía ser doutro xeito e Mateo sería o primeiro homenaxeado; o ano seguinte será Castelao; en 2017, a pintora Maruxa Mallo e neste 2018 , a academia acordou que fose o arquitecto Alexandre de la Sota Martínez. Determinación que recoñece o aporte teórico e práctico deste arquitecto pontevedrés á arquitectura do Movemento Moderno Europeo. La Sota, pese á súa escasa e maltratada obra, foi premiado e é recoñecido a nivel mundial polos seus colegas.

Ano e día no que se convida o asociacionismo a celebrar as artes de Galiza, a rescatar creadores, a orixe na que radica a orixinalidade, obras de arte con cerna galega. Con tal motivo o Museo de Pontevedra abre unha mostra sobre o arquitecto Alexandre de la Sota e tampouco faltarán actos complementarios. Proposta a espallar arredor da que tampouco faltará a necesaria discusión sobre que se entende por galeguidade. Se ben o que se valora é o aporte particular desde Galiza á universalidade.

Resultará fácil entrar na filosofía e na obra de la Sota, a fonda pegada que o arquitecto deixou nos seus alumnos da Escola de Arquitectura de Madrid, tamén en colaboradores e discípulos, así como pola documentación reunida na Fundación Alejandro de la Sota, que preside un dos seus fillos. A divulgación é o que cómpre e ao que estamos, coñecer para querer e pornos á salvagarda.

[Podes ler a información íntegra no número 290 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]