'TRINTA LUMES', DA GALEGA DIANA TOUCEDO, PREMIO DO PÚBLICO

'Suburban Birds', premio á mellor longametraxe do Novos Cinemas de Pontevedra

'Suburban Birds', premio á mellor longametraxe do Novos Cinemas de Pontevedra
Novos Cinemas Edición 03. Flickr
Novos Cinemas Edición 03. Flickr  

“A obra de Jiao Qu De Niao”, destacan dende a organización da terceira edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra, “é unha exploración audaz e luminosa, que retrata de xeito fascinante a transformación social, cultural e identitaria dunha sociedade a través da súa transformación urbanística”.

 


O Xurado Internacional, que outorgou o premio a esta obra, estivo formado por Paula Astorga, Manolo González e Eloy Domínguez Serén. Afirma que o filme premiado “é un magnífico exercicio de dirección, unha película emotica, intelixente e agridoce”.

Ademais, tamén decidiu outorgar unha mención a Un violento desexo de ledicia, de Clément Schneider, por ser "unha oda á liberdade e unha lúcida refleción do pasado dende o presente".

Por outra banda, o Xurado Novo, formado por Ricardo Araújo, Amy Margaret, Pedro Ignacio Ferrari, Ángela Hernández e Noemí Parga, outorgou o seu galardón á mellor dirección a Virgil Vernier, por Sophia Antipolis, obra na que "se desmitifica a sociedade contemporánea evidenciando a violencia colectiva e individual".

O Xurado de Latexos, formado por Violeta Kovacsics, José Manuel López e Ramón Rey, outorgaron o Premio Especial Numax a unha obra que retrata a intimidade cunhas imaxes de “extraordinaria inmediatez”: Young&Beautiful, de Marina Lameiro.


Finalmente, os asistentes ao festival outorgaron o Premio do Público a Trinta Lumes, de Diana Toucedo.