Tal día como hoxe, hai 50 anos, 32 minutos cambiaron a historia da música. The Beatles quitaban o seu primeiro albume

Tal día como hoxe, hai 50 anos, 32 minutos cambiaron a historia da música. The Beatles quitaban o seu primeiro albume
The Beatles
The Beatles  

O 22 de marzo de 1963 editábase 'Please Please me' e xa nada sería igual. Un cuarteto de Liverpool fraguado en directos por turbulentos garitos de cidades portuarias (a súa e Hamburgo, en Alemaña) sacaba o seu primeiro traballo 'longo', como se dicía entón. 14 temas, 32 minutos


Foron case 10 horas de gravación nos estudos EMI de Londres. Concretamente, 585 minutos. O resultado, 'Please please me', o primeiro LP de The Beatles. Catorce cancións entre as que figuraba o primeiro single do conxunto de Liverpool, 'Love me do' (editado a finais de 1962). Aliás de 'Twist and Shout', 'I saw her standing there' ou 'Please please me', que figuran en calquera recopilatorio beatle. Nun principio, o LP ía se titular 'Off the Beatle Track instead' mais decidiuse finalmente pórlle o nome da canción que fora segundo single do cuarteto e que se editou en febreiro de 1963.

O disco, como non, foi número 1 nas listas británicas. E boa impresión deberon deixar nos locais da portuaria Reeperbahn alemana onde tocaron durante semanas, porque o traballo atinxiu o posto 5º na Alemaña Occidental. Daquela eran o grupo vestido de coiro e con querencia por practicar o rock suoroso. Con 'Please please me' xa foron o contundo de flequillo, traxe e corbata e un pop no que revolucionou o mundo damúsica (e non só)

O responsábel da gravación foi George Martin,o quinto beatle (con permiso de Epstein, claro), o home que construíu albume a albume o son que se transformou en lenda.

Adeus McCartney-Lennon

Oito das cancións do LP foron asinadas por McCartney/Lennon. O único disco no que aparecen nese orde. A partir do seguinte (With The Beatles, que saíu o mercado en novembro dese mesmo ano), xa sería Lennon/McCartney.

O custo da gravación foi de 400 libras das de entón (por volta de 10.000 na actualidade). Cada beatle cobrou sete libras e dez chelíns por cada quenda de tres horas de gravación.

'Please, please me' nunca foi editado como tal en EEUU. Houbo que esperar décadas, a que a discografía do conxunto se editase en CD, para iso.