PRESENTACIÓN DO VOLUME O 31 DE XANEIRO

O teatro completo de Manuel María, en Foz

O teatro completo de Manuel María, en Foz
Detalle do cartaz da presentación da obra teatral de Manuel María en Foz. Imaxe: A Pomba do Arco
Detalle do cartaz da presentación da obra teatral de Manuel María en Foz. Imaxe: A Pomba do Arco  

As 33 obras de teatro escritas por Manuel María están, desde hai uns meses, dispoñíbeis nun só volume. Encargouse de recompilalas e editalas a profesora Pilar García Negro. De publicaras, a casa museo do escritor, localizada en Outeiro de Rei. Esta quinta feira, ás 20.30, García Negro e o secretario da fundación Manuel María presenta esta obra dramática completa en Foz.
 


O acto organízao a asociación cultural A Pomba do Arco e será no salón de actos do Cenima.

Manuel María (Outeiro de Rei, 1929–A Coruña, 2004) foi un autor cuxo traballo máis destacado foi no ámbito da poesía. Non obstante, o teatro ocupou boa parte das súas angueiras e horas, cunha forte vocación didáctica -tal e como sinalou Pilar García Negro. Esta edición dispoñibiliza, en non poucos casos por primeira vez desde a súa inicial publicación, as obras dramáticas de Manuel María.