Tempo Catro cantou a Rosalía no Jofre nun espectáculo que xirará agora polo país

Tempo Catro cantou a Rosalía no Jofre nun espectáculo que xirará agora polo país
Tempo Catro
Tempo Catro  

Toda a paixón e o compromiso social e patriótico de Rosalía deitado en música. Esa é a proposta de Tempo Catro, que apresentou o seu traballo "Os Ollos que falan" esta sexta feira no Teatro Jofre, en Ferrol.


Trátase dun espectáculo organizado pola asociación cultural Medulio e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), patrocinado pola Deputación da Coruña.

Tempo Catro interpretou unha ducia de temas de "Cantares Gallegos", o libro que funda a literatura galega moderna e do que este ano conmemoramos o 150 aniversario.

Música clásica, ritmos tradicionais, mais tamén jazz e até tango, foron os rexistros cos que se moveu sobre o palco Tempo Catro.

O espectáculo rulará agora por todo o país.

Compoñen Tempo Catro os profesores do Conservatorio de Ferrol Suso Iglesias (acordeón), Andrés Pazos (piano), Antonio Romero (contrabaixo), Pablo Salgueiro (instrumentos de percusión), o profesor do Conservatorio da Coruña Javi Cedrón(violín) e a vocalista Begoña Lorenzo, a cantora que se incorpora con este espectáculo e disco á formación.