NARRACIÓN DE SUSANA SÁNCHEZ ARINS

A tradución ao castelán de 'Seique', mellor ficción para as librarías de Madrid

A tradución ao castelán de 'Seique', mellor ficción para as librarías de Madrid
Cubertas das versións galega e española de 'Seique', de Susana Sánchez Arins. Imaxe: cedida.
Cubertas das versións galega e española de 'Seique', de Susana Sánchez Arins. Imaxe: cedida.  

Seique (Através, 2015) é unha non ficción que xoga a ser ficción pero que conta unha verdade. A primeira obra narrativa de Susana Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa, 1974) trata da posguerra, é dicir, das consecuenciais sociais e políticas da instauración do fascismo na Galiza. Faino atravesada de dúbidas e incertezas, incoprora todo tipo de materiais, de coplas a ensaios, de contos a refráns. A súa tradución ao castelán, Dicen, acaba de ser premiada pola librarías de Madrid como mellor ficción.

 


Publicada este ano pola editorial De Conatus en versión da propia autora, o xurado do galardón sinala que é “unha novela diferente sobre a posguerra, é o relato dunha ferida sen cicatrizar, un exercicio de memoria dunha xeración á que se lle aprendeu que o silencio era obrigado, e de reconciliación cunha historia familiar que é á vez a historia dun país”.

Ademais considera que Seique “enfía a historia íntima da familia da escritora, dos venecedores e tamén dos vencidos e esquecidos” e conforma “un libro de indubidábel calidade que impacta pola súa narración íntegra, perspicaz e transparente e que será un descubrimento para moitos lectores”.

Nota: a escritora Susana Sánchez Arins. Foto: Galipedia (Estevoaei).