QUE FACER?

Últimas semanas para ver a mostra "Alba de Gloria" de Castelao

Últimas semanas para ver a mostra "Alba de Gloria" de Castelao

Encontro coa poesía

A Estrada

MOME

Sexta feira

20.30h

A Asociación Cultural Vagalumes da Estrada acollerá, na sexta feira 1 de febreiro ás 20.30h no MOME, a presentación dos últimos libros de Susana Sánchez Arins e Celso Fernández Sanmartín. A plaquette Carne da minha carne (Colección Pan de Abella) e o poemario A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez (Colección Cera Labrada), editados por Apiario. As obras servirán como punto de partida para unha conversa e un recital entre dúas das voces máis interesantes da literatura galega.

 

Comezan os Venres Culturais

Carballo

Auditorio Pazo da Cultura

Sexta feira

21.00horas

Nani García, un dos grandes do jazz e da música contemporánea de Galiza, será o encargado xunto co seu trío de inaugurar os Venres Culturais, na sexta feira 1 de febreiro ás 21h00, no auditorio Pazo da Cultura de Carballo. Desta volta, a banda interpretará música de composición propia cun novo concepto que, o mesmo Nani García, denomina “indie jazz”.

 

Noites abertas

Pontevedra

Diversos espazos

Sexta feira

20h

Nova edición de Noites Abertas, o programa de lecer nocturno para as sextas feiras e sábados: esgrima e loita escénica, tenis de mesa libre, arte e pintura e moito máis.

 

Mulleres migrantes compartindo experiencias

Compostela

Casa do Matadoiro

Organizado por Foro Galego de Inmigración

Sábado

17.30 a 19.30

No marco da VIª semana da Loita contra as Fronteiras, organízase un encontro con Florencia Brizuela onde compartirán a súa experiencia compañeiras dedicadas ao ámbito dos coidados.

 

Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia

Compostela

San Domingos de Bonaval

Até o 3 de marzo

Últimas semanas para ver a mostra arredor do último gran discurso de Castelao que recrea e explica derradeiro discurso de Castelao.

 

PI, outra danza

Ourense

Auditorio Municipal

Domingo

18.00h

Espectáculo de danza para as crianzas se aproximaren a un mundo microscópico de insectos cargado de segredos a través dunha proposta de espectáculo visual.

 

Os limpa limpa

Cambados

Auditorio da Xuventude

Domingo

18.00

Trátase dun espectáculo infantil de teatro clown e xestual a cargo de Expresións Produccións cargado de xogos, música, baile e máis elementos imaxinativos.

 

Unha gran Burla Negra. Arquivo vivo

Santiago de Compostela

Igrexa da Universidade

Até 16 de marzo

20.00h

Vén de inaugurarse esta exposición que reúne toda a documentación e material co que se constrúe o relato visual do que foi o movemento social e cultural Nunca Máis.

 

 

 



x