AXENDA

Unha fin de semana para gozar de cabo a rabo

Unha fin de semana para gozar de cabo a rabo

Invisibles

Pontevedra

Teatro Principal

2.5.2019

21.00h

O Teatro Principal de Pontevedra acolle, na quinta feira 2 de maio, Invisibles, un espectáculo teatral coproducido co CDG e a Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, baseado na obra “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo. De creación colectiva e cun elenco artístico formado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez, a obra presenta diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero.

“Antonio Fraguas. Mestre da memoria”

Compostela

Libraría Couceiro

2.5.2019

19.30h

Malores Villanueva presenta en Compostela o libro “Antonio Fraguas. Mestre da memoria”, unha biografía sobre a vida e a obra do homenaxeado co Día das Letras Galegas. Acompañarán a autora Armando Requeixo e Ismael Ramos.

Bicos con lingua

Ortigueira

Teatro da Beneficencia

3.5.2019

19.30h

Talía Teatro presenta este “Bicos con lingua”, unha peza teatral en clave de comedia que invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

Primavera en Danza

Carballo

Auditorio Pazo da Cultura

3.5.2019

21.00h

Chega á programación da XVII Primavera en Danza de Carballo a arriscada danza, teatro e circo na proposta novidosa de Paula Quintas coa obra “Plastic”, dirixido por Rut Balbís.

Festa do Orgullo LGTBI+

Lalín

Diversos espazos

3-4.5.2019

Obradoiros, mercado, palestras sobre sexualidade, actuacións de Mekánica Rolling Band, Aparato, Enfant Bello, Broken Peach, Las Antonias, Arales Dj´s e moito máis...

I Xornada Casto Sampedro

Redondela

Casa da Cultura

3-4.5.2019

A I Xornada Casto Sampedro arranca na Casa da Cultura de Redondela na sexta feira 3 de maio cunha serie de palestras que tratarán o estado da etnomusicoloxía galega, a necesidade da reflexión antropolóxica e a situación da antropoloxía na actualidade. Xa o sábado 4 de maio as actividades continuarán pola mañá en Pontevedra, cun programa que inclúe música a cargo dos Trubincos do Batán e o roteiro “Tras as pegadas de Casto Sampedro en Pontevedra”, con Telmo Crespo.

II Festa do Banquete de Conxo

Compostela

Carballeira de Conxo e praza Aurelio Aguirre

3-5.5.2019

Música, gastronomía, poesía, teatro e moito máis na II edición da Festa do Banquete, que irá acompañada dun mercado do libro e da artesanía, concertos, actividades e sinatura de libros.

Combarro literario

Combarro

Praza da praia do Padrón

4.5.2019

12.00h

O III ciclo de vermús literarios “Un ronsel de historias”, da ACDeM, Armadiña bota a andar con Iria Collazo López e Luz Beloso con “A casa do paralelo 54”, nunha conversa conducida por Ainhoa Fariña Fontán e Sabela Padín Abal.

Miteu

Ourense

Diversos espazos

Até 11.5.2019

A XXIV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) acolle, até o 11 de maio, unha trintena de espectáculos galegos, portugueses, cataláns e de diferentes países suramericanos. Entre outras actividades, na quinta feira, 2 de maio, actuará a Aula de Teatro de Murcia; na sexta feira, 3 de maio, contarán co noveno Encontro de Danza Interuniversitaria; e o sábado 4 de maio haberá teatro catalán con Teatre de Pas. Cada función finalizará cun coloquio dos artistas co público asistente.

Retratos e Transfigurações

Allariz

Fundación Vicente Risco

Até 31.5.2019

A exposición temporal “Retratos e Transfigurações”, de Antero de Alda, capta a vellez, a dor e a morte de homes e mulleres, especialmente do centro e norte de Portugal.