Unidade feminista en 35 milímetros

Unidade feminista en 35 milímetros
Fotograma de 'Sen tocar un pelo' (Domingo Díaz)
Fotograma de 'Sen tocar un pelo' (Domingo Díaz)  
Un documental elaborado integramente por mulleres voluntarias reflexiona sobre as situacións de desigualdade máis normalizadas pola sociedade co obxectivo de «bater na conciencia de homes e mulleres».

O Salón de Actos do IES Manuel Murguía de Arteixo acolleu a presentación de Sen tocar un pelo, un documental de contido naturalista. O que fai especial este produto audiovisual dirixido polo cineasta Domingo Díaz é que foi desenvolvido exclusivamente por mulleres voluntarias, que propoñen unha reflexión sobre as situacións de desigualdade máis normalizadas pola sociedade, co obxectivo de «bater na conciencia de homes e mulleres».

Domingo Díaz explica para Sermos Galiza que o documental, de 40 minutos de duración, «está articulado arredor de frases relacionadas co machismo como 'non me toques un pelo' ou 'onde vas vestida así?'», e que «foron as propias mulleres as que se encargaron integramente do proxecto». Ademais, non descarta un futuro percorrido do filme por festivais de cinema.