Velaí unha fin de semana na que podes facer de todo

Velaí unha fin de semana na que podes facer de todo
Leilia
Leilia  

Fraguas na Estrada: Letras galegas 2019

A Estrada

Diversos espazos

16-17.5.2019

A Asociación Cultural “A Estrada” lembra a figura de Antonio Fraguas con motivo do día das letras galegas. O 16 de maio, ás 20.30h nos Minicines Central, proxectarase o documentario “A derradeira lección do mestre”; o 17 de maio, ás 17.00h, seguindo os pasos de Fraguas realizarase o “Roteiro Fraguas da Mámoa do Arnado ao Castro de Ribela”, xa ás 20.30h, no MOME, será a presentación do especial “Antonio Fraguas” do semanario Sermos Galiza, dedicado a Antonio Fraguas a cargo do seu coordinador, o profesor Manuel Vilar, secretario do Museo do Pobo Galego.

CantarELAS

Pontevedra

As Neves/Portas

16/17.5.2019

21.00h/19.30h

Ás portas de facer 30 anos xuntas, Leilía afronta este aniversario coa presentación dun novo espectáculo, Cantar-Elas, unha aposta pola súa traxectoria musical.

Evoéh canta a Rosalía

Compostela

Casa das Crechas

17.6.2019

21.00h

Evoéh leva a obra de Rosalía de Castro a unha nova dimensión musical nun encontro equilibrado entre o folk e a música clásica.

Fraguas no bosque da Moura

San Sadurniño

Casa do Concello

17.5.2019

11.00h

O acto central das Letras 2019 estará marcado pola música e a oralidade, coa obra “Antón Fraguas no bosque da Moura” e tamén a actuación do grupo folk Encrucillada.

Romaría dos libros

Compostela

Praza de Mazarelos

17.5.2019

11-21.00h

Mais un ano a Romaría dos libros propón un encontro do libro galego, con actuacións, presentacións literarias, trivial literario e o monólogo de Carlos Santiago.

IV Festa das Letras

Negreira

A Bodeguilla

17.5.2019

19.30h

Ademais dos concertos de Minguante e X.M. Lago, contarán con recitais poéticos, proxeccións dun vídeo sobre Antón Fraguas, petiscos, sorteos e, para pechar, foliada.

“Por unha Peseta”

Guitiriz

Casa-Museo Manuel María

18.5.2019

20.30h

Unha obra sobre historias da vida que nos leva ao humor, á sensibilidade e á tenrura. Desde as devanceiras, mais actual, da man de Faia Díaz e a contadora Vero Rilo.

37º edición do Festiletras

Ponteceso

Diversos espazos

Até 19.5.2019

Desde un roteiro ornitolóxico até recitais poéticos, actuacións musicais e feira agroalimentaria, como cada ano, o Festiletras trae atividades e lecer para todos os públicos!

I LIX Rianxo

Rianxo

Biblioteca Municipal/Auditorio de Rianxo

Até 20.5.2019

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, o concello de Rianxo acolle a semana da literatura infantil e xuvenil coa I LIX Rianxo, até o 20 de maio. Coa cultura lusófona como convidada, o evento aposta na lectura desde preescolar até as máis adultas, sen esquecer a mocidade, con teatro, música, contacontos, obradoiros de escrita, cine-fórums, banda deseñada, encontros lectores, roteiros, exposicións de ilustración e, ademais, con encontros con autoras como Paula Carballeira, Eli Ríos, Antonio García Teijeiro ou María Solar.

O mes das Letras en Carballo

Carballo

Diversos espazos

Até 1.6.2019

Carballo súmase á homenaxe a Antón Fraguas cunha programación cultural do 15 de maio até o 1 de xuño, con música, contos, teatro, cine e pintura arredor da figura do homenaxeado. O propio 17 de maio contarán co Festival Contra-Letras ás 18h no xardín e praza do concello, ademais de ruadas, presentacións e conversas literarias que se estenderán ao longo do mes.