“Verevedere” de Guilherme e Bastardo preséntase co viño de Vide Vide nas Crechas

“Verevedere” de Guilherme e Bastardo preséntase co viño de Vide Vide nas Crechas
Guilherme e Bastardo
Guilherme e Bastardo  

Xurxo Nóvoa e Alfredo Dourado presentan na Casa das Crechas de Santiago o seu proxecto “Verevedere” cunha cata de viños de Vide Vide. 


A nova “cata de viños e libros” preséntase como a posibilidade de asistir á presentación do novo proxecto literario poético e Guilherme e Bastardo que está a buscar financiamento a través dun crowdfunding canda unha acata co “Peza do Rei, o “caldo que bebeu Obama” da man do Vide Vide.  

“Veredevede”, é a proposta de Xurxo Nóvoa e Alfredo Dourado na que se mestura poesía, música e discurso crítico nunha mestura de ritmos e propostas desde a tradición á electrónica libertaria até o rock,o  etno-pop ou o  post-punk.  Trátase dun libro-CD “autoxestionado, autoeditado e autodistribuido baixo licencia libre”, elaborado con materiais naturais como madeira, rede, telas ou papel reciclado. O 10% do obtido por venda de libros-cd irán para as escolas Semente.

Contan coa colaboración de Najla Shami (voces), Mig Seoane (guitarra eléctrica), Xavi Carrera (guitarra eléctrica), Jose Pons (trombón de varas), Fran Sanz (baixo eléctrico), Olga Alonso (batería), Sopa de Pedra (voces, percusión de mano), nenoescuro (bases electrónicas, e guitarra eléctrica), a maxia de Cremildo Bahule e os debuxos de Séchu Sende.

“Humor, teatralidade e a nosa inesgotábel enerxía”, son algunhas das características que Guilherme e Bastardo destacan dos seus tres anos tocando en diversos espazos de Galiza e norte de Portugal. 
Poemas de Alvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Xelís de Toro, Raida Rodríguez, así como o brasileiro Márcio-André, ou o escritor mozambicano Cremido Bahule ademais do texto de Xurxo musicados por  Alfredo son o cerne do traballo da banda. 

Crisis, what crisis? 

Para a sexta feira, 10 de outubro ás 21.30 horas a Casa das Crechas acollerá a festa-presentación de “Crisis, what crisis?”, de Xavier Belho nun acto que contará coa presenza de Camilo Franco, Narf e Magín Blanco.