Vicente Montoto, Premio de Honra Marisa Soto

Vicente Montoto, Premio de Honra Marisa Soto
Vicente Montoto
Vicente Montoto  

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia homenaxea a Vicente Montoto ao concederlle o Premio de Honra Marisa Soto que será entregado o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña na gala da XIX edición dos Premios María Casares. 


Co Premio de Honra Marisa Soto, a Asociación de Actores e Actrices de Galiza recoñece a traxectoria de máis de cincuenta anos dedicado ao teatro de Vicente Montoto, actor, autor e director ademais de fundador da compañía Uvegá Teatro. 

. “Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado”, sinala o presidente da AAAG, Avelino González, que cualificou a Montoto pola súa paixón e xenerosidade na entrega ao teatro. 

O número 137 de Sermos Galiza que estará nos quiosques esta quinta feira recolle unha entrevista con Vicente Montoto arredor da súa traxectoria.