CRÍTICA DE MÚSICA

Vol. III- Vudú, por Olga Brañas

Vol. III- Vudú, por Olga Brañas

Vudú é o disco das grandes Maritxinha (baixo eléctrico) e Belém Tajes (teclados e voz).

Xuntas reinventan a nosa tradición, bebendo do soul, funky, etc.

Collen as nosas coplas populares e referencias melódicas (non en todos os casos, xa que crean moitísimo material novo) para construír un universo paralelo.

De Maritxinha só podo dicir o mellor que se lle pode dicir a unha baixista: que ten “rollazo”. Ten groove, e nos escenarios a súa presenza enche. De Belém destaco a súa valentía: polo xeral a súa voz atópase cómoda nunha tesitura media, ou media-aguda, sen embargo para ela o cante é un xogo constante, atrévese a ampliar, baixar a notas gravísimas, facer scat e todo o que se lle pase pola cabeza.

Vudú é un proxecto que, na miña opinión, paga moito a pena escoitar. Pola ousadía, pola sincronía entre as líderes e polo seu savoir faire.

Parabéns, mulleres talentosas!

“Xa me dixo meu pai que te saque a bailar, e no medio do baile que te deixe quedar”.