TEATRO EN TRES LINGUAS

Xacobe García faise co Premio Platta de Teatro Breve-Portugal

Xacobe García faise co Premio Platta de Teatro Breve-Portugal
O Teatro Sa De Miranda acolle o certame
O Teatro Sa De Miranda acolle o certame  
Xacobe García gañou a primeira edición do Premio Platta de Teatro Breve-Portugal coa obra A importância de chamar-se António. Este texto será publicado na colección Platta en galego, castelán e portugués dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e será material de traballo das lecturas dramatizadas en tres linguas que terán lugar en Viana do Castelo no vindeiro mes de setembro .

O I Premio Platta de Teatro Breve-Portugal foi para o autor Xacobe García, gañador do galardón coa obra A importância de chamar-se AntónioEste título será publicado na colección Platta (Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador) en tres linguas: galego, castelán e portugués e empregarase nas lecturas dramatizadas tamén nesas tres linguas que terán lugar en Viana do Castelo no vindeiro mes de setembro organizadas pola mesma plataforma.

O xurado formouno Lois Soaxe Piñeiro, Rosa María Estévez Gantes e José Da Silva Paredes, actuando de secretario con voz e sen voto Pedro Pablo Riobó pola revista galega de teatro erregueté. 

O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos

Riobó valorou especialmente “a fluidez da trama ben estruturada e a sucesión de accións perfectamente articuladas que conducen inexorábelmente a un final kafkiano, sempre á sombra da comedia absurda”.

O galardoado Xacobe García estudou Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, enfocando a súa carreira profesional cara ao ámbito do comercio internacional. Neste campo puido desenvolver o grande interese que sempre tivo polos idiomas, levándoo a vivir en São Paulo, no Brasil, entre 2005 e 2009. En 2015 incorporouse ao grupo de teatro afeccionado Eu.experimento do Instituto Camões en Vigo, onde tivo o seu primeiro contacto co mundo da dramaturxia.

O Premio Platta de Teatro Breve en tres linguas nace en 2019 co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover tanto a súa tradución como a súa difusión nos diferentes territorios que configuran Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador, e que xunta a Federación galega de teatro afeccionado, a Federación de grupos afeccionados de teatro de Castela e León, o Teatro do noroeste - Centro dramático de Viana, e erregueté - Revista Galega de Teatro).

O premio estrutúrase ao longo do ano en tres certames que se corresponden coa lingua do territorio que acolle cada un dos festivais transfronteirizos: I Premio Platta de Teatro Breve de Castela e León, en castelám; o I Premio Platta de Teatro Breve – Galicia, en galego; e o I Prémio Platta de Peças Curtas de Teatro – Portugal, en portugués. Este texto será o terceiro da colección Platta de teatro breve editada pola Revista Galega de Teatro.