COMPOSTELA 11 DE XULLO

Xavier Queipo e Ramón Neto presenta o seu libro de poemas a dúas mans

Xavier Queipo e Ramón Neto presenta o seu libro de poemas a dúas mans
Detalle da cuberta de 'Minutos para medianoite' (Galaxia, 2019), de Xavier Queipo e Ramón Neto. Imaxe: cedida.
Detalle da cuberta de 'Minutos para medianoite' (Galaxia, 2019), de Xavier Queipo e Ramón Neto. Imaxe: cedida.  

Minutos para medianoite (Galaxia, 2019) “esculca na zona iluminada polo foco da luz, ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea”. Son poemas compartidos, escritos por Xavier Queipo (Compostela, 1957) e Ramón Neto (Illa de Arousa, 1975), expatriados en Bruxelas e poetas.


Minutos-para-medianoiteO libro preséntase esta quinta feira, 11 de xullo, ás sete e media da tarde na libraría Couceiro de Compostela. Acompañara aos autores o director de Galaxia Francisco Castro. Falarán do que a nota editorial entende “poemas que se nutren da súa propia incerteza, mais entenden que a beleza pode devir unha forma de opresión, que o equilibrio é sempre pasaxeiro e a perfección, frío plastificado”.

A obra de Neto e Queipo -quen é, ademais, prolífico narrador- procura unha poesía que non describa, senón que “nomee con precisión” coas súas “propias ferramentas”. E, engade, que se trata dunha escrita que “tampouco dubida en denunciar”.

Minutos para medianoite súmase á singular serie de libros de poemas asinados a dúo na literatura galega da que fan parte entre outros O sangue na paisaxe (1981), de Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro; Rúa da Cancela (2010), de Eduardo Estévez e Eli Ríos; A guerra (2013), de María do Cebreiro e Daniel Salgado; A outra voz (2015), de Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán; ou Diáspora de amor balea (2018), de María Rosendo e Andrea Nunes.