Xerardo Quintiá gaña o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

Xerardo Quintiá gaña o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey
Xerardo Quintia por AdrianFerreiro (AELG)
Xerardo Quintia por AdrianFerreiro (AELG)  

Concorreron 41 traballos a este premio. O xurado estima que o poemario gañador “constrúe un universo lírico enraizado na mellor tradición literaria occidental”


O poemario presentado baixo o título ‘Fornelos & Fornelos: terceira fundación’, de Xerardo Quintiá é o ganador da VII edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, promovido polo Concello de Fornelos de Montes, lugar natal do escritor que dá nome ao premio, coa colaboración d Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe e Edicións Xerais.

Un total de 41 traballos presentáronse a esta sétima edición.  O xurado resaltou o bo nivel dos orixinais recibidos, así como a súa diversidade tanto estilística coma temática. 

O xurado estimou que o poemario gañador constrúe un “universo lírico enraizado na mellor tradición literaria occidental sen allearse das vizosas raíces do noso herdo poético”. Destacou tamén “a súa sólida arquitectura, a forza das imaxes e o celmoso do seu léxico”.

Quintiá en publicados diversos libros, de poesía e narrativa e ten entre os seus galardóns o Fermín Bouza Brey e Lourenzo Baleirón.



x