Xosé Manuel Aldea coordinará o próximo Culturgal


Xosé Manuel Aldea coordinará o próximo Culturgal

O Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, xa ten datas e novo coordinador. Será en Pontevedra os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro e a súa fronte estará Xosé Manuel Aldea, vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais.

O responsábel do selo Ouvirmos e vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais, Xosé Manuel Aldea, é o novo director de Culturgal, a feira das industrias culturais despois de que hai dous meses Sergio Lago se despedise do posto que asumira na edición de 2011.

Canda o nome do novo responsábel da feira, desde a organización de Culturgal avanzan as datas da que será a nova edición con sede en Pontevedra. Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro o Pazo da Cultura abrirá as súas portas ao escaparate das industrias culturais que, desta volta e nun escenario de crise para o sector, apela á “corresponsabilidade compartida entre os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos”.

 A organización de Culturgal, presidida por Xulio Amigo, anima a participar aos distintos axentes do mundo cultural no programa dun encontro no que se quere destacar o valor social e económico da acción cultural