Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019 do Ministerio de Cultura

Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019 do Ministerio de Cultura

Pola súa obra 'Suspiros de España. O nacionalismo español 1808-2018'.


O xurado do Premio Nacional de Ensaio propuxo o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Manuel Núñez Seixas para ser galardoado co Premio Nacional de Literatura na súa modalidade de Ensaio, correspondente a 2019, pola súa obra Suspiros de España. O nacionalismo español 1808-2018. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.

O xurado elixiu esta obra "por trazar unha historia do nacionalismo español nas súas diversas correntes e manifestacións ao longo da Idade Contemporánea". "Sendo unha obra que se apoia nunha densa traxectoria de investigación, destaca polo seu esforzo de síntese e de claridade expositiva, así como polo seu rigor", engadiu.

Núñez Seixas (Ourense, 1966) é doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (en excedencia) e, desde outubro de 2012, catedrático de Historia Contemporánea de Europa na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich.

Entre os seus títulos figuran O nacionalismo galego (con Xusto Bermamendi), Fora o invasor! Nacionalismos e mobilización bélica durante a guerra civil española, 1936-1939 (2006); 'Imperios de morte. A guerra xermano-soviética, 1941-1945' (2007); 'Patriotas e demócratas. O discurso nacionalista español despois de Franco' (2010) ou 'Camarada inverno: experiencia e memoria da División Azul, 1941-1945' (2016).  Núñez Seixas é membro do Arquivo de Emigración (Consello de Cultura Galega), así como membro do consello de redacción e do consello asesor de numerosas revistas, nacionais e internacionais.