Xosé Manuel Olveira “Pico”, Xograr de Outono no Fiot de Carballo

Xosé Manuel Olveira “Pico”, Xograr de Outono no Fiot de Carballo
Xosé Manuel Olveira, Pico
Xosé Manuel Olveira, Pico  

O Festival Internacional Outono Teatro (FIOT) de Carballo recoñecerá o sábado 26 ao actor Xosé Manuel Olveira “Pico” coa concesión do Xograr de Outono 2013 a título póstumo. 


O FIOT de Carballo recoñecerá ao actor Xosé Manuel Olveira “Pico”, falecido no pasado verán con 58 anos, outorgándolle a título póstumo o seu premio de honra Xograr de Outono por toda a súa traxectoria no mundo do teatro. 

O acto de entrega do Xograr de Outono terá lugar o próximo sábado día 26 no marco do FIOT de Carballo. Para esa xornada, o programa prevé a función de Teatro do Aquí, compañía fundada por Roberto Vidal Bolaño, quen inaugurou o primeiro Xograr do Festival no ano 2002. 

A organización destaca que o nome de Pico estivo xa entre as propostas finais de anteriores edicións  mais, infelizmente, é agora cando se lle outorga nun acto ao que asistirá a súa familia. Son tres as ocasións nas que o Xograr de Outono se outorga a persoas xa falecidas. Ademais de Vidal Bolaño e agora Pico, no pasado ano o recoñecemento recaeu en Alberto Gende, deseñador e creativo de Carballo e autor da imaxe do Festival que falecera uns meses antes da súa celebración. 

seu nome, como recordan desde a organización do FIOT, xa estivo entre as propostas finais doutras edicións e é agora cando se lle entregará este título honorífico nun acto ao que asistirá a súa familia. En 2002, o premio Xograr de Outono concedeuse por primeira vez a Roberto Vidal Bolaño, un dos dramaturgos máis importantes da literatura galega, e o ano pasado, a Alberto Gende, deseñador e creativo carballés que durante case dúas décadas foi o autor da imaxe do FIOT. En ambos casos, uns meses despois do seu pasamento.  

Con “O Florido Pensil”, Xosé Manuel Olveira estivo por última vez no festival de Carballo que antes visitara con “Noite de reis” do CDG.