Xulio Amigo toma o relevo de Bragado no Culturgal

Xulio Amigo toma o relevo de Bragado no Culturgal
Xulio Amigo.
Xulio Amigo.  

Xulio Amigo será o novo presidente de Culturgal. Asume o cargo en substitución de Manuel Bragado, que dirixiu a asociación responsábel da feira das industrias culturais entre 2014 e este ano. Amigo é, ademais, o director comercial da emblemática Editorial Galaxia.
 


En Culturgal intégranse a Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), a Asociación Galega de Empresas Musicais e a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet).

Xulio Amigo xa exercera a presidencia de Culturgal con anterioridade. En declaracións que recolle o comunicado que anuncia o seu novo cometido, explica que “nas dez edicións anteriores se logrou construír unha marca de enorme valor, atraer e comprometer o público e consolidar un equipo de traballo cualificado e implicado”.

A décimo primeira edición de Culturgal celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.