Os xurados escollen as dez obras finalistas dos premios Xerais

Os xurados escollen as dez obras finalistas dos premios Xerais
Os xurados dos premios Xerais 2019. Foto: Xerais.
Os xurados dos premios Xerais 2019. Foto: Xerais.  

Os premios Xerais son agora tres. O Xerais de Novela, o Jules Verne de Literatura Xuvenil, e o Merlín de Literatura Infantil. Esta segunda feira, a editorial fixo públicos os lemas das dez obras finalistas.


Tras de min a terra queimada, peixe globo e Karolina son os lemas das tres obras que optarán aos 10.000 euros da 36ª edición do Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros. O xurado fórmano a profesora Ana Belén Moreda, o avogado Carlos Feijoo, a poeta Nuria Vil, a xestora cultural Helena Torres, o crítico Ramón Nicolás e a xornalista Ana Abelenda. Presentáronse 44 propostas.

O Jules Verne atinxe a súa edición número 11. Tamén dotado con 10.000 euros, no seu xurado participan o divulgador científico Javier Balea, as profesoras David Díaz, Olga Nogueira e Isabel Mociño, a estudante María Cerdeira e a blogueira Tensi Gesteira. Hai catro finalistas de entre 20 presentadas: Prometea, Dunas, Todo é fume? e Ada Lovelace.

No Merlín, do que este ano se fan 34 edicións e tamén con 10.000 euros de dotación, a obra premiada será unha destas tres, seleccionadas de entre 28: Berta Spencer, Efebeí e Nimbostrato. As encargadas de tomar unha decisión son as profesoras Sabela Fernández, María Jesús Iglesias e Ángel Iglesias, a bibliotecaria Sira González, o deseñador Andrés Meixide e o crítico Miguel Vázquez.

O sábado 8 de xuño coñecéranse as obras gañadoras e as súas autoras.