Yolanda Castaño gaña o Caixanova con “A segunda lingua”

Yolanda Castaño gaña o Caixanova con “A segunda lingua”
Yolanda Castaño
Yolanda Castaño  

A poeta Yolanda Castaño é a nova gañadora do Premio de Poesía da Fundación Novacaixagalicia co libro “A segunda lingua”. A obra de Castaño será publicada na colección Arte de Trobar. 


A undécima edición do Premio Novacaixagalicia de Poesía xa ten nome e é o de Yolanda Castaño, escritora e dinamizadora cultural e cunha sólida e dilatada traxectoria poética. A súa obra “A segunda lingua” resultou gañadora entre 52 obras presentadas, elixida por un xurado composto polo presidente do Pen de Galicia, Luís González Tosar ademais de Fina Casalderrey, Armando Requeixo, Óscar Javier Castro e Luís Pousa. O premio está dotado con 6000 euros mais a edición da obra na colección na que xa se publicaron os anteriores libros gañadores.