Convocan nas redes a encher Riazor de bandeiras galegas en resposta ao veto ás estreleiras de Valladolid

Convocan nas redes a encher Riazor de bandeiras galegas en resposta ao veto ás estreleiras de Valladolid

'O domingo 19 a Riazor, coa bandeira galega'.É o chamamento que se está a facer a través das redes sociais para levar ao estadio o símbolo nacional de Galiza como resposta ao acontecido en Valladolid, onde se requisaron as bandeiras galegas con estrela


Valladolid semella que foi a pinga que colmou o vaso da paciencia [email protected] [email protected] de equipos de fútbol galegos, que ao longo da temporada tiveron que aturar en diferentes estadios a requisa das bandeiras nacionalistas que portaban, cando non ameazas, prohibicións de entrar ao campo coa bandeira...

En Pucela, esta fin de semana, os seareiros do Depor (como anteriormente os do Celta en, por exemplo, os estadios de Madrid) viron como estes feitos volvían acontecer: Requisa por parte das forzas de seguridade de bandeiras nacionalistas, mesmo con retencións se a persoa se negaba a que lla quitasen. Aliás, advertencias e ameazas a [email protected] de que con esa bandeira non se entraba ao estadio...

O bandeira nacionalista galega tratada como unha cuestión de seguridade ou un problema de orde pública polas forzas de seguridade e responsábeis dos estadios de fútbol. Unha constante nesta temporada, máis que tamén se ten sofrido nas antriores.

Resposta

Como resposta, estase a chamar através das redes sociais a acudir este domingo a Riazor coa bandeira galega. A cita é ás 17:00 horas, inicio do encontro co Espanyol. Convídase a ir ao estadio coruñés a animar ao Depor nun partido transcendental portando a bandeira de Galiza.

“Logo de a policía requisar a nosa bandeira a varios afeccionados en Valladolid, imos ir ver o domingo ao Depor coa nosa bandeira”, apontan nas redes sociais en sitios como facebook.com/PoloDeportivodaCoruna, entre outros.