A UEFA recoñece a Xibraltar malia as amenazas e presións do Estado español

A UEFA recoñece a Xibraltar malia as amenazas e presións do Estado español
Xibraltar
Xibraltar  

O xornal New York Times afirma que España ameazou á UEFA con retirar a Real Madrid e Barça das competicións europeas se recoñecía a selección de Xibraltar.


Malia a oposición do Estado español, a Asociación de Fútbol Xibraltareña (GFA) é admitida pola UEFA como membro de pleno dereito no 36 congreso da UEFA. Só o Estado español e Bielorusia votaron en contra desta aceptación.

Mesmo o New York Times mostraba a súa sorpresa pola campaña do goberno español en contra do dereito de Xibraltar. Mesmo, sinala o xornal, chegou a amenazar o Estado español con retirar a Barça e Real Madrid das competicións europeas se a selección de Xibraltar era recoñecida.



x