"Alguén imaxina un #onosoderbi en Dubai?" As peñas do Celta, Dépor, Lugo e Compos rexeitan que se xoguen partidos fóra do Estado

"Alguén imaxina un #onosoderbi en Dubai?" As peñas do Celta, Dépor, Lugo e Compos rexeitan que se xoguen partidos fóra do Estado
Imaxe: cedida
Imaxe: cedida  

Representantes das federacións de peñasdo Celta de Vigo, Deportvo da Coruña, CD Lugo e SD Compostela compareceron na capital galega para denunciar "un modelo de fútbol que non nos representa" e pedir aos seus respectivos clubs que se posicionen publicamente contra a pretensión da Liga.


Representantes das federacións de peñas do Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Clube Deportivo Lugo e SD Compostela compareceron este sabado na Praza do Obradoiro da capital galega para dar a coñecer publicamente o seu posicionamento a respecto da pretensión de La Liga de que partidos desta competición poidan disputarse fóra do Estado español. Nas últimas semanas os ires e vires en torno á posibilidade de que o Barcelona-Girona se xogase en Miami foron constantes, como primeiro paso a unha dinámica que posteriormente poderían seguir máis clubs.

peñas celta depor lugo compos futbol

Nunha imaxe de unidade aom pé da catedral, as peñas destas equipas galegas comunicaron o seu "rexeitamento" a que ningún partido, "en ningunha das categorías" de fútbol no Estado, se dispute fóra do Estado. "Nunca se consultou aos afeccionados", criticaron, lamentando que esta aposta liderada por Javier Tebas (presidente da Liga) responde a "un modelo de fútbol que non nos representa". Un modelo no que os afeccionados só importan en tanto consumidores.

"Alguén imaxina un derbi galego en Los Ángeles, Miami ou Dubai?", preguntáronse, incidindo en que levar partidos de equipos fóra do Estado supón xa non só prexuízos para socios e seareiros, senón para as propias equipas e tamén para as economías das cidades de onde son os clubs, e onde sectores como o da hostalaría notarían negativamente notarían esa medida.

"Pedimos aos nosos clubs que, do mesmo xeito que o estamos a facer nós, rexeiten de maneira pública calqueira partido fóra do Estado", concluríron as peñas.



x