Antía Fernández, primeira muller trans nunha equipa feminina de volei


Antía Fernández, primeira muller trans nunha equipa feminina de volei

Fichou por ela o Calasancias. A súa incorporación é un fito histórico.

Antía Fernández debutará este domingo no terreo de xogo na aliñación na equipa de volei Calasancias da Coruña. Esta muller transexual convértese así na primeira deportista da Galiza que xogará que consegue superar a barreira reglamentaria que lle impediu competir noutras disciplinas deportivas. 

Finalmente conseguiu a ficha federativa da man do Calasancias, unha equipa de Segunda División sénior feminina. Antía Fernández, contou tamén co apoio da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) cuxa presidenta, Pilar Neira, salientou a "satisfacción" e o "apoio" da asociación pola fichaxe. 

"Para dar pasos adiante é necesario ir cambiando as normas, como leva acontecendo ao longo da historia para permitir a participación das mulleres en competicións deportivas".