Asubiada ao Borbón en Gasteiz na final da Copa ACB


Asubiada ao Borbón en Gasteiz na final da Copa ACB
Juan Carlos I foi recibido con fortes apupos no estadio Buesa Arena onde se celebraba a final da Copa ACB de baloncesto. Vídeo no interior. 

Nin as notas do himno español se chegaron a escoitar na final da Copa ACB celebrada este domingo en Gasteiz. [email protected] e [email protected], recibiron ao monarca --acompañado do ministro de Educación, José Ignacio Wert e do lehendakari, Iñigo Urkullu-- cunha imponente asubiada e berros de "fóra, fóra".

Os berros e os asubíos fixeron recuar á organización do evento deportivo que optou finalmente por reproducir a versión curta (30 segundos) do himno español que no entanto, non se chegaron a escoitar. 

Bandeiras independentistas catalás e ikurriñas puxeron a nota de cor dun recibimento que comeza a ser costume para o monarca. Os escándalos en que se atopa inmersa a súa familia xunto cunha institución --a monarquía-- cada vez máis en cuestión e o sentimento independentista a flor de pel en Catalunya e Euskadi están a darlle máis dun susto ao Borbón nas súas visitas.  Entre os casos máis sonados, a final da Copa do Rei de fútbol que enfrontaba ao Atletic de Bilbao e o Barça.



x