SITÚANSE A UNHA VITORIA DA SALVACIÓN

O Breogán recupera a esperanza tras gañar en Badalona

O Breogán recupera a esperanza tras gañar en Badalona
Lucio Redivo lanza a canastra [Foto: CB Breogán]
Lucio Redivo lanza a canastra [Foto: CB Breogán]  

O Cafés Candelas Breogán conseguiu unha vitoria vital para manter as súas opcións de permanencia na Liga Endesa ao vencer por 88-81 na cancha dun dos clásicos da ACB, o Joventut, sexto clasificado. 

As dúas últimas derrotas na competición colocaron os xogadores de Tito Díaz nunha situación complicada que foron quen de reverter na súa visita a Catalunya, cun último cuarto espectacular (32 puntos de anotación) no que souberon xogar as súas cartas para se facer acreedores do triunfo. Debutou cos lucenses McCallum, máximo anotador do conxunto galego canda Gerun e Brown. 

O Breogán está empatado a puntos co primeiro equipo fóra da zona de descenso, o UCAM Murcia, que xoga hoxe contra un rival directo pola salvación, o Montakit Fuenlabrada.