O CD Lugo empata co Mallorca

O CD Lugo empata co Mallorca
cd lugo
cd lugo  

A Liga 123 ten un nivel de exixencia inimaxinábel hai non tantos anos. Unha mostra máis da evolución do fútbol, onde o nivel das equipas aumentou considerabelmente. Este sábado o Lugo logrou un punto no Anxo Carro contra o Mallorca, club que ten un historial no que figuran longas tempadas en Primeira. Os galegos chegaban a esta cita após de gañar o seu último partido mentres que o Mallorca viña coa espiña da derrota.

Carlos Pita abriu o marcador para os lucenses cun golazo no minuto 3. O Lugo poñíase por diante e preparouse para un partido que sabía que ía ser complicado, difícil. Mais optou por dar un paso atrás e o Mallorca aproveitou para avanzar

Os mallorquíns empregáronse a fondo e lograron recompensa a piques de acabar a primeira metade, cun gol no minuto 43 de Fran Gámez. No segundo tempo ambos os dous equipos semellaban contantarse co resultado. O Mallorca dominaba o balón mais a maior parte do tempo no seu campo. Finalmente, reparto de puntos, o CD Lugo acumila 8 e o Mallorca, 11.

O partido deixa, aliás unha mala nova para o CD Lugo, a lesión de gravidade do seu lateral Serge Leuko, que estará de baixa varios meses

Ficha técnica

Lugo: Juan Carlos, Josete, Miguel Vieira, Kravets, Leuko (Campabadal, min.37), Seoane, Pita (Sergio Gil, min.70), Aburjania, Campillo (Lazo, min.61), Cristian Herrera, Dongou

Mallorca: Manolo Reina, Franco Russo (Baba, min.54), Valjent, Salva Ruiz (Estupiñán, min.80), Fran Gámez, Marc Pedraza, Dani Rodríguez, Salva Sevilla, Lago Junior, Aridai, Abdón (Ndockyt, min.73)

Estadio: Anxo Carro

Goles: Pita (1-0, min. 3). Fran Gámez (1-1, min. 43)



x