CD Lugo, gañar un mes despois

CD Lugo, gañar un mes despois

Os lucenses impóñense ao Córdoba (2-1).


O CD Lugo puxo fin este sábado a un mes (tres partidos) seguidos sen anotar. Venceu o Córdoba (2-1) no Anxo Carro e manda os andaluces, que estrenaban adestrador, ao tramo máis baixo da táboa clasificatoria.


O Lugo foi quen de saber aproveitar a primeira metade para marcar os seus dous goles. O partido comezou sen un dominador claro, nuns primeiros 20 minutos en que ambas as dúas equipas semellaban tensas perante un enfrontamento no que se xogaban moito. O Lugo, iso si, quería tomar a iniciativa.


Un penalti a favor dos lucenses adiantou estes no marcador apenas 10 minutos despois ampliaban vantaxe. Un dous cero que permitía ao Lugo ir ao descanso cunha certa tranquilidade. Só certa, porque o Córdoba tamén mostraba que quería ir ao partido, como fixo co trallazo á trabe de Quezada.


No segundo tempo o Córdoba apertou e o Lugo tivo que dar un paso atrás. Os andaluces ofreceron outra cara, e foron quen gozaron das mellores oportunidades, o que non lles servíu para dar a volta ao marcador.
 

Ficha técnica:


Lugo (2): Juan Carlos, Campadabal, Vieira, Malagón (Bernardo, min. 45), Luis Ruiz, Seoane, Iriome (Campillo, min. 75), Azeez, Herrera, Lazo, Escriche (Aburjania, min. 59).

Córdoba (1): Carlos Abad, Loureiro, Quintanilla, Aythami, Quezada (Erik, min. 82), Aguado, Álex Vallejo (Sebas, min. 79), Quim Araújo, De las Cuevas, Piovaccari, Javi Galán.

Goles: 1-0 (Herrera, min. 21); 2-0 (Iriome, min. 28); 2-1 (De las Cuevas, min. 55).



x