O Celta conquista outra vitoria no caladoiro andaluz, desta volta ante o Sevilla (0-1)

O Celta conquista outra vitoria no caladoiro andaluz, desta volta ante o Sevilla (0-1)
Foto: LFP
Foto: LFP  

Os celestes foron a polo partido deste o inicio ante un Sevilla que só se atopou cómodo por momentos malia xogar na casa. O gol de Álex López pon ao Celta nos 12 puntos.


O caladoiro andaluz estalle a dar boas mareas á armada celeste. O sábado, ante o Sevilla, o Celta logrou unha nova vitoria nas terras do sur, un triunfo que engadir aos que logrou esta temporada fronte o Betis e o Málaga. O partido do Sánchez Pijuán foi dos galegos, pois o Sevilla só por momentos (e na segunda parte) foi quen de se facer co encontro.

Na primeira metade, unha gran ocasión do canteirán Santi Mina (tiro ao poste) e un penalti non pitado do porteiro sevillista sobre Augusto por agarrón foron das xogadas máis destacadas. O primeiro tempo chegou ao seu fin tras unha boa combinación dos de Luís Enrique. Toni asistiu a Nolito no flanco esquerdo da área local. O andaluz, tras controlar o balón, serviulla en bandexa a Santi Mina, que disparou con decisión. O esférico rebotou na defensa andaluza.

Boas sensacións

Un erro do porteiro Beto, nos inicios da segunda metade, que serviu o gol en bandexa a Álex López, puxo a faena a prol do Celta. A partir de aí, o Sevilla chegaba pero non inquietaba e o partido foi decaendo, acorde cos intereses celtistas.

Importante vitoria do Celta, que regresa unha vez máis de terras andaluzas co tres puntos e con moi boas sensacións. O vindeiro sábado será a quenda de buscar a vitoria en Balaídos, ante o Rayo Vallecano.

Ficha técnica

0-Sevilla FC: Beto, Diogo, Carriço, Pareja, Alberto, MBia (Trochowski, min.72), Rakitic, Machin, Jairo (Perotti, min.58), Bacca (Cristóforo, min.45) e Gameiro

1-RC Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Oubiňa, Álex López (Orellana, min.82), Augusto, Nolito (Vila, min.92), Santi Mina (Rafinha, min.64) e Charles

Goles: Álex López, 0-1 (min.47)

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valencián. Amonestou a Mbia, Diogo e Toni

Campo: Sánchez Pizjuán