O Celta dá oxíxeno ao Real Madrid

O Celta dá oxíxeno ao Real Madrid
Foto: RC Celta
Foto: RC Celta  

A efectividade dos madrileños tumbou unha voluntariosa equipa celeste (2-4).


O Real Madrid tirou de pegada e efectividade, coa axuda tamén de algo de boa sorte, e iso chegoulle para derrotar con claridade ao Celta na casa (2-4). Tamén axudou que Benzema escollese Balaídos para resucitar e que os celestes non desen aproveitado ocasións claras nos primeiros minutos.

Os primeiros compases do encontro mostraban un Celta con gañas e intención de se facer co partido, sen medo ningún ao Madrid e disposto a tirar partido da súa artillería ofensiva. Un esquema que sufriu unha fenda cando Benzema adiantou os ‘merengues’ cun control do balón só ao alcance dos deuses do fútbol. A piques estivo o Real Madrid, nesa etapa do partido, de endosarlle o segundo ao Celta.

O Celta non quería perder o rumbo e trenzou algunhas xogadas que levaron perigo á área madrileña. A primeira parte finalizaba cun 0-1 que poderío ser revertido.

Mais ao pouco de iniciar a segunda metade, chegou o segundo gol do Madrid, un tiro de Benzema que bateu en Cabral, desviando a traxectoria e marcando na propia porta.

Antes de que o pesimismo poidese anuñar na escadra celtista, Hugo Mallo recortaba distancias cun preciso gol de volea en carreira. 1-2 e o Celta pisou o pedal ofensivo baixo a batuta de director de xogo do canteirán Brais Méndez. Mais un penalti con polémica permitiu ao Real Madrid volver abrir distancias (1-3).

Xa no tempo de desconto, Ceballos e Brais Méndez marcaban cadanseu gol. 2-4.

Ficha técnica:

Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Juncà, Beltrán (Emre Mor, min.63), Okay, Brais Méndez, Boufal (Hjulsager, min.63), Iago Aspas, Maxi Gómez.

Real Madrid (4): Corutois, Sergio Ramos, Nacho (Asensio, min.71), Kroos, Benzema, Modric, Bale, Casemiro (Ceballos, min.19), Lucas Vázquez, Odriozola, Reguilón (Javi Sánchez, min.45).

Goles: Benzema (0-1, min.23); Cabral (0-2, p.p., min.56); Hugo Mallo (1-2, min.61); Sergio Ramos (1-3, de penalti, min.83); Ceballos (1-4, min.91); Brais Méndez (2-4, min.94).

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Amoestou Hugo Mallo e Juncà (RC Celta), Reguilón e Javi Sánchez (Real Madrid). Expulsou Cabral (RC Celta) con duplo cartón amarelo no minuto 87.

Campo: Balaídos (21.184 espectadores).



x